Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.965

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 298/1998, do 23 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica, a 20 kV, Vilar de Outeiro-Insua, concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña. (Expediente 96/104).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na Avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 20 kV, con conductor LA-56 sobre apoios de formigón, de 1.023 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Verdía e finais nos CC.TT. que se van instalar en Insua e Vilar de Outeiro, no termo municipal de Santiago de Compostela (A Coruña) (Expte. nº: 96/104).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 10-3-1997, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 11-4-1997, no BOP da Coruña do 7-4-1997, e no BOE do 8-4-1997.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de

expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do Sistema Eléctrico Nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 11-12-1997, no BOP da Coruña do 17-11-1997, no xornal El Correo Gallego do 18-11-1997, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Santiago de Compostela e no da delegación provincial, ó mesmo tempo, na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública formuláronse as seguintes alegacións:

1. Mª José Otero Iglesias, titular do predio nº 3, non está de acordo co trazado proposto para a liña, xa que lle divide o predio de tal forma que pode prexudicar seriamente a súa futura edificabilidade, polo que solicita a modificación do proxecto no sentido de que o tendido pase polo límite lindante co predio, co obxecto de que o prexuízo causado sexa menor.

2. Benjamín Suárez Noya, titular do predio nº 4, declara que no seu día autorizou a empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o paso da liña por outro trazado que coincidía coa testa do predio, mentres que agora o trazado proposto cruza o centro da súa parcela, polo que pide que o trazado discorra pola citada testa.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación:

Á vista das alegacións e da resposta a estas por parte da empresa beneficiaria, dedúcese que:

1. O trazado da liña achégase o máis posible ás testas do predio afectado, entre eles a de Mª José Otero Iglesias, pero sen afecta-las cerradas con vivenda. A empresa beneficiaria realizará a modificación solicitada sempre que a acepten tódolos afectados. Nembargantes, a servidume de paso non impide á dona do predio servente cercalo, plantar ou edificar nel, deixando a salvo a dita servidume, segundo o artigo 27 do Decreto 2619/1966.

2. O trazado proposto é o contido no proxecto aprobado por resolución da Delegación Provincial de Industria da Coruña. Non obstante, Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. modificará o trazado segundo o solicitado sempre que conte coa autorización de tódolos afectados.

Unha vez practicada por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio

da Coruña a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo e que é aplicable a este expediente, en virtude do establecido no apartado 2 da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. da liña eléctrica, a 20 kV, Vilar de Outeiro-Insua (expediente 96/104), cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Santiago de Compostela (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9795