Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.958

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 295/1998, do 15 de outubro, polo que se dispón a substitución de representantes da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo no Consello Social desta universidade.

O artigo 3 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia determina a composición do Consello Social da Universidade. Pola súa banda, os artigos 5 e 6 da Lei establecen o procedemento de designación dos membros do referido Consello Social.

Na Universidade de Vigo producíronse as baixas como representantes da Xunta de Goberno desa universidade no Consello Social, de José Antonio Rodríguez Vázquez, Xosé Luis Legido Soto, Andrés Ramón Trillo García, María Luisa Alonso Escontrela, Pedro Araújo Nespereira, José Santos Suárez, José Pose Blanco, Alejandro V. Gómez Soler, Emilio José Pérez González e Cándido Pérez Betanzos, e a súa substitución, respectivamente, por Domingo Docampo Amoedo, Margarita Estévez Toranzo, Julio Taboada Pérez, José Tojo Suárez, Manuel Fernández Areal, Xosé Manuel Cid Fernández, Luis Espada Recarey, Alejandro V. Gómez Soler, Víctor Martínez Cacharrón e Luis Pérez Gómez.

A Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, comunicoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación na designación dos representantes que lle corresponden pola Xunta de Goberno no Consello Social, segundo o disposto no artigo 7 da Lei 5/1987.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da mencionada Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e

do Consello Universitario de Galicia, os documentos preceptivos por parte dos novos membros designados de non incorrer en incompatibilidade.

Por todo iso, a instancia da Universidade de Vigo, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 5/1987, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de outubro de mil novecentos noventa e oito

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como membros do Consello Social da Universidade de Vigo en representación da Xunta de Goberno desta universidade a Domingo Docampo Amoedo, rector da universidade, Margarita Estévez Toranzo, secretaria xeral da universidade, Julio Taboada Pérez, xerente da universidade, José Tojo Suárez, Manuel Fernández Areal, Xosé Manuel Cid Fernández, Luis Espada Recarey, Alejandro V. Gómez Soler, Víctor Martínez Cacharrón e Luis Pérez Gómez.

Estas persoas substitúen, respectivamente, e polo mesmo concepto, a José Antonio Rodríguez Vázquez, Xosé Luis Legido Soto, Andrés Ramón Trillo García, María Luisa Alonso Escontrela, Pedro Araújo Nespereira, José Santos Suárez, José Pose Blanco, Alejandro V. Gómez Soler, Emilio José Pérez González e Cándido Pérez Betanzos, que cesan como membros do Consello Social da Universidade de Vigo, agradecéndolle-los servicios prestados.

Disposición derradeira.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

10129