Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 05 de novembro de 1998 Páx. 11.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 24 de setembro de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle das vixentes normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal, para a ordenación do volume e as aliñacións na rúa Jacques Cousteau, Choupana, A Pastoriza, Arteixo, promovido por Roberto Veira Pino e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se coiden convenientes (expediente 17/98 PED).

Arteixo, 6 de outubro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

9538