Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 05 de novembro de 1998 Páx. 11.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 7 de setembro de 1998, acordou o inicio do procedemento de tramitación do proxecto de compensación correspondente ó Plan Parcial Zapateria-I, desta localidade, promovido por Odilio Rodríguez Codías, Raúl Álvarez Nogueiras, en representación de Urbanización Garden Golf, S.L, redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, procedéndose en consecuencia a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997, e ó mesmo tempo sometelo a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido compareecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren covenientes. (Expediente 30/1998.COM).

Arteixo, 6 de outubro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

9537