Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 05 de novembro de 1998 Páx. 11.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración consistente na adquisición de diverso material para o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de diverso material para o Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia.

b) Número de unidades que se entregarán: as que se especifican nos pregos de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: 10 lotes.

d) Lugar de entrega: Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia.

e) Plazo de entrega: 15 días naturais, contados desde a data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintesete millóns cento cincuenta mil duascentas pesetas (27.150.200 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: cincocentas corenta e tres mil pesetas (543.000 ptas.)

Definitiva: un millón oitenta e seis mil pesetas (1.086.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela - 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 77.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 18 de novembro de 1998.

b) Documentación que se debe presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Edificio Administrativo San Caetano, 15771), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 23 de novembro de 1998.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1998.

P.D.(Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

9929