Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 05 de novembro de 1998 Páx. 11.932

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de setembro de 1998 pola que se autoriza a inclusión da escola de música municipal da Coruña no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, establece que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada solicitude de inclusión no Rexistro de Escolas de Música polo Concello da Coruña, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-A escola, da que se mencionan os seus datos no anexo a esta orde, queda incluída no rexistro de escolas de música.

Segundo.-A escola de música citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (Diario Oficial de Galicia, do 22 de abril de 1993) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO:

Denominación específica: Escola de Música Municipal da Coruña.

Titular: Concello da Coruña.

Enderezo: Campo de Marte, s/n.

Localidade: 15002 A Coruña.

Provincia: A Coruña.

9679