Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto das obras dos proxectos de remodelación de diversos campos de fútbol do concello de Vigo (6 proxectos).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 2165/240.

2. Obxecto do contratato. Descrición: execución das obras dos proxectos de remodelación de diversos campos de fútbol do concello de Vigo.

Lotes:

Lote 1: obxecto de bancadas e locais no campo de fútbol da Guía cun importe de 10.679.172 ptas., un prazo de execución de dous meses.

Lote 2: proxecto de vestiario no campo de fútbol de Sampaio cun importe de 8.967.955 ptas. un prazo de execución de dous meses.

Lote 3: proxecto de vestiario no campo de fútbol da Bouza cun importe de 5.998.637 ptas., un prazo de execución de dous meses.

Lote 4: proxecto de vestiario no campo de fútbol de Carballal cun importe de 11.818.180 ptas., un prazo de execución de dous meses.

Lote 5: proxecto de bancadas e locais no campo de fútbol de Castrelos cun importe de 9.671.091 ptas., un prazo de exución de dous meses.

Lote 6: proxecto de reparación de muro de contención no campo de fútbol do Meixoeiro cun importe de 6.604.938 ptas., un prazo de execución dun mes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: o que se fixa na descrición dos lotes.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: o que fixa na descrición dos lotes.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación do lote ó que presente oferta.

6. Obtención de documentaicón e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira e técnica na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo para a obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 28 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9890