Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto da subministración de mobiliario, material informático e outras dotacións para a escola pública de educación infantil de Santa Cristina de Lavadores de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 3758/332.

2. Obxecto do contratato. Descrición: subministración por lotes de mobiliario, material informático e outras dotacións para a escola pública de educación infantil de Santa Cristina de Lavadores en Vigo.

Unidades que hai que entregar: véxase condicións técnicas.

Lotes:

Lote 1: mobiliario para aulas, dormitorio, sala de usos múltiples, aseos e comedor (2.220.000 ptas.).

Lote 2: mobiliario cociña, aseo de mestres, (878.000 ptas.).

Lote 3: ordenador (150.000 ptas.).

Lote 4: mobiliario para a administración e dirección (215.000 ptas.).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: quince días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: o que figura no punto 2 deste anuncio.

5. Garantías.

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo para a obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3º do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 26 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9896