Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (122/1993).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 12 de xuño de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aproba-la rectificación de erro de grafismo nos proxectos de delimitación e subdivisión da zona 8

do SU-24 por petición de Manuel e Silverio Fernández Lamas.

De conformidade co disposto nos artigos 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 16 de outubro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

9472