Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-314).

Por resolución desta alcaldía número 3241/1998, con data do 19 de xuño de 1998, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e bases da entidade de conservación do SUNP A-37 Arenaza, en Iñás.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días, que contará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 4 de agosto de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

9881