Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 15 de setembro de 1998, aprobou inicialmente o prego de condicións técnico-administrativas que rexerán o concurso para a subministración dun furgón mixto para o equipo de atestados da policía local.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración dun vehículo furgón mixto para o equipo de atestados da policía local.

b) Prazo de entrega: 60 días naturais como máximo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: máximo 115.000 pesetas por 48 mensualidades cada unha e un valor residual de 0 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 110.400 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197-3ª planta.

c) Localidade e C.P.: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 29 71 43 e 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os que se sinalan no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural posterior ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e C.P.: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira sesión da xunta de compras que se celebre posterior ó prazo de finalización de proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 22 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

O vicesecretario habilitado

Rubricado

9900