Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada con data do 1 de outubro de 1998, prestou aprobación ó proxecto de urbanización do contorno da U.A. nº 13 do PXOUR/Rev. 81 de Fene, redactado polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro e por un orzamento de 174.584.075 ptas.

De conformidade coa lexislación vixente, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última publicación regulamentaria deste edicto, durante o que se poderá examina-lo expediente e formula-las alegacións que se consideren pertinentes significando que, no caso de non se presentar estas, se entenderá elevado a definitivo o referido acordo.

Fene, 7 de outubro de 1998.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde

9471