Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do día 25-9-1998, o proxecto de delimitación dunha unidade de execución en solo urbano de núcleo rural, por petición de Manuel Barros Pazos

e Concepción Pazos Pazos, sométese a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa física ou xurídica poida examina-lo procedemento na secretaría do concello en horas de oficina e presentar alegacións ou observacións. Todo isto conforme a lexislación vixente.

Abegondo, 1 de outubro de 1998.

José A. Santiso Miramontes

Alcalde

9415