Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO da contratación, por poxa con procedemento aberto, do proxecto de sinalización na zona rural.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: secretaría. O obxecto do contrato subministración e instalación de sinais contida no proxecto. Prazo de execución: tres meses. Forma: poxa. Tipo de licitación: 7.470.865 ptas. Garantía provisional: 149.417 ptas. Garantía definitiva: 298.834 ptas. Obtención de documentación: na secretaría xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada; teléfono: 57 01 65, extensión 15. Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Documentos que hai que presentar: sobre nº 1: documento xustificativo da personalidade, (verificada a súa suficiencia, se é o caso). Declaración de non estar incursos nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Xustificante de estar constituída a fianza provisional. Xustificante de estar ó día nas obrigas tributarias e da Seguridade Social. Xustificante da solvencia económica. Sobre nº 2: oferta económica adaptada ó modelo. A apertura

dos sobres terá lugar, en acto público, ás 12 horas do día seguinte día hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado, trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 22 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

9414