Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada O.T. número 5, a favor de Mónica e Natalia Rodríguez Pérez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que as interesadas obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: O.T. nº 5.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 56.

Data da concesión: 23-10-1969.

Data de finalización da última prórroga: 13-11-1999.

Anterior concesionario: Rafael Rodríguez Pérez (33.113.892).

Novas titulares da concesión e batea: Mónica e Natalia Rodríguez Pérez (76.967.740) e (76.967.738).

As novas titulares quedan subrogadas nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigadas ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 6 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9839