Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada J.G.A. número 5, a favor de María Valentina Fungueiriño Castro e José Ramón Fungueiriño Castro.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da

transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: J.G.A. nº 5.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 98.

Data da concesión: 10-1-1968.

Data de finalización da última prórroga: 22-1-2008.

Anterior concesionario: Inocencio Fungueiriño Rey (33.075.181).

Novos titulares da concesión e batea: Mª Valentina Fungueiriño Castro (33.236.917) e José Ramón Fungueiriño Castro (52.452.236).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 6 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9453