Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Blanco XIII a favor de José Benigno Yáñez Dieste.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31-5-1993) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Blanco XIII.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 70.

Data da concesión: 4-6-1980.

Data de finalización da última prórroga: 31-7-2000.

Anteriores concesionarios: Rosa Mª e Mª del Mar Lago Vilasoa (33.229.274) e (33.261.682).

Novo titular da concesión e batea: José Benigno Yáñez Dieste (76.493.285).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 5 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9448