Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de setembro de 1998 pola que se modifican os títulos administrativos habilitantes correspondentes ás bateas Paquito e M.G. IV.

Visto o escrito presentado por Domingo Durán Tarrío, con DNI 35.399.005, na delegación comarcal desta consellería en Vilagarcía de Arousa, con data do 7-10-1997 e nº 3892 de rexistro de entrada como titular da batea Paquito e M.G.IV, no que solicita que se tome nota do cambio do réxime das citadas bateas.

Vista a sentencia emitida polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Vilagarcía de Arousa con data do 13-9-1997.

Examinada a documentación e os informes que figuran no expediente.

Vista a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e o Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Pot todo o anteriormente exposto, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños e á vista do informe favorable do servicio técnico-xurídico acorda, no exercicio das súas atribucións e competencias, modifica-la titularidade das concesións administrativas das dúas bateas que máis abaixo se relacionan, que pasa de ter réxime económico de gananciais a ser privativo.

Nome da batea: Paquito.

Titular da concesión: Durán Tarrío, Domingo.

Orde da concesión: 15-9-1966.

Remate da vixencia: 4-10-2006.

Situación: cuadrícula nº 208, polígono Vilagarcía A.

Nome da batea: M.G. IV.

Titular da concesión: Durán Tarrío, Domingo.

Orde da concesión: 21-3-1957.

Remate da vixencia: 13-4-2002.

Situación: cuadrícula nº 214, polígono Vilagarcía A.

Con respecto ó resto das condicións e características desta concesión, manterase o disposto nas ordes iniciais de outorgamento e nas sucesivas resolucións que lles afecten.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9447