Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.871

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban as relacións de admitidos e excluídos no concurso L-01/98, convocado pola Orde do 20 de xullo de 1998 (DOG número 142, do 24 de xullo) e se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos.

Convocado o concurso L-01/98 para a provisión de postos de traballo vacantes incluídos na oferta pública de persoal laboral que foi publicado no DOG nº 142, do 24 de xullo de 1998, e á vista da proposta realizada pola comisión de valoración encargada de aprecia-los méritos alegados polos concursantes, de conformidade co establecido na base 7 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-las relacións dos solicitantes admitidos e excluídos no concurso L-01/98 e facer públicas as puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópantes expostas nas seguintes dependencias:

-Taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e na Dirección Xeral da Función Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Segundo.-Os aspirantes excluídos así como os admitidos que non estean de acordo coa puntuación provisional disporán de conformidade co disposto na base 7.1 da convocatoria, dun prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendaren, se é o caso, os defectos que motivaron a súa exclusión ou para alegaren a desconformidade coa puntuación provisional así como as razóns desta. As emendas ou alegacións deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Terceiro.-Os solicitantes que dentro do prazo sinalado no punto anterior non reparen os defectos que motivaron a exclusión serán definitivamente excluídos. Así mesmo, os solicitantes que non figuren na relación de admitidos e/ou excluídos disporán do mesmo prazo sinalado no segundo punto da presente resolución para presentaren o escrito e/ou documentos xustificativos que consideren oportunos.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

9858