Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.860

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 27 de outubro de 1998 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, dos secretarios de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan (Ordes e nove máis).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Con data do 26 de outubro de 1998. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo da Audiencia r/ Capitán Juan Varela, s/n. A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta xerencia territorial no uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño)

e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no punto décimo primeiro da orde ministerial do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala de Goberno con data do 23-10-1998:

Provincia da Coruña:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, Carmen Veiras Suárez.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, Luis Fernández-Arias González.

Provincia de Lugo.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Fonsagrada, María de los Ángeles Pernas Vale.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Viveiro número dous, María del Mar Barral Pérez.

Provincia de Ourense:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Carballiño número dous, Denise Romero Barciela.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Pobra de Trives, Ana Isabel Rodríguez Martínez.

Provincia de Pontevedra:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Marín número dous, María del Carmen García Campos.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Lalín número un, María del Pilar Pazos González.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Lalín número dous, Javier Tudela Guerrero.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Tui número un, Alejandro Couselo Barrio.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial: Manuel Olmo Pelález. Rubricado. Hai un carimbo de saída da xerencia territorial».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno con data do 23-10-1998, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia, pregándolle que envíe a esta presidencia un exemplar del no que se faga para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 27 de outubro de 1998.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente del Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia