Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

Ó ser aprobado pola Comisión de Goberno, na sesión celebrada o 19 de outubro de 1998, o prego de cláusulas económico-administrativas e prescricións técnicas que rexerán o procedemento aberto, mediante concurso e trámite urxente, dos traballos de redacción do PXOM, catálogos e cartografías, exponse ó público durante o prazo de catro días, que se contarán a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, polo trámite de urxencia, aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita os expedientes: secretaría.

2. Obxecto.

Redacción de Plan Xeral de Ordenación Municipal, Catálogos e Cartografías.

3. Tipo de licitación: 8.011.250 ptas.

4. Garantías.

a) Provisional: será do 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, código postal: 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 60 00.

f) Data límite de obtención de documentación: ata o último día do prazo para a presentación de proposicións, deste as 9 ás 14 horas (excepto sábados).

6. Presentación de proposicións.

a) Data límite para a presentación de proposicións: durante os trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG desde as 9 ás 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas, de acordo co modelo que o dito prego establece e segundo a forma que se indica na base 8º do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

7. Apertura de proposicións.

Ás 13 horas do primeiro día hábil posterior á finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Vilamarín, 19 de outubro de 1998.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde

9821