Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.812

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a delimitación do contorno de protección do castro de Elviña, na Coruña.

Por Decreto de 5 de xullo de l962 (Boletín Oficial del Estado, do 20 de xullo) foi declarado monumento histórico-artístico o castro de Elviña, na Coruña.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (Boletín Oficial del Estado, do 29 de xuño) cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección, consonte o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro).

En consecuencia, vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral e órganos consultivos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en materia de bens culturais, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a delimitación do contorno de protección do castro de Elviña, na Coruña, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola citada incoación do xeito que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II da presente resolución.

Terceiro.-Notifica-la presente resolución ó concello, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e demais interesados.

Cuarto.-Por tratarse dun ben inmoble, e de conformidade co artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, quedan en suspenso as correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como os efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado. As obras que por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia deban realizarse con carácter inaprazable, precisarán, en todo caso, de autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Quinto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de l mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

Zonificación

Castro de Elviña: comprende a superficie do poboado e delimítase a partir dos elementos máis exteriores a el vencellados.

O sector norte do xacemento toma como referencia a base da defensa (muralla) hoxe visible, delimitándose a partir do camiño de servicio que accede por este punto ata o lugar de Mesoiro.

1-2. Desde o vértice NO da parcela 703-a percorre o límite O da 695,continuando polas lindes sur das 490, 489, 488, 487 e 485, chegando e atravesando o camiño Castro-O Martinete en liña recta ó punto 2.

O sector leste adáptase o trazo do camiño devandito (Castro-O Martinete), incluíndoo no seu ámbito. Este, en gran parte do seu trazado, correspóndese cun dos camiños fósiles (chemins fossiles) que Bouhier (Bouhier, 1972) vencella ó xacemento en relación coas súas posibles terras de explotación directa.

2-3. Desde a prolongación en liña recta da linde norte da parcela 484 á beira leste do camiño, a delimitación sinalada segue o trazado deste ata o seu punto de unión co camiño Castro-Mesoiro.

O sector sur ven delimitado por un camiño antigo, rocha en firme, de servicio de leiras, o que inclúe, adaptándose posteriormente unha vez perdido este, ás lindes das leiras ata cruza-lo camiño Castro-Mesoiro (divisoria dos polígonos catastrais 6 e 7), que rodea o xacemento polo sur, e chegar ó vértice SO da parcela 704.

3-4. Desde a unión do camiño Castro-O Martinete co Castro-Mesoiro (lugar de Castro), a delimitación adapta ó camiño de servicio que xorde deste último máis ó sur, incluíndoo ata a metade da parcela 349 (P.7) e de aquí en liña recta segue a linde sur das 361-b, 364, 365, 364 e 366, chegando novamente ó camiño Castro-Mesoiro, que cruza e segue ata o vértice SO da parcela 704.

O sector oeste toma como referencia os dous socalcos que nesta orientación descenden desde a croa do xacemento.

4-1. Desde o vértice SO da parcela 704, adáptase ó limite oeste das 703-b e 703-a, pechando a delimitación no punto l.

Contorno de protección

Comprende unha área concéntrica exterior á anterior, configurada para asegura-la conservación de posibles restos vencellados non visibles superficialmente e evitar impactos visuais que distorsionen a interpretación do xacemento.

A banda norte percorre a zona alta dunha pequena dorsal de altura máxima 94 m s.n.m, que illa a área do xacemento dos lugares de Pouporón e Mesoiro, enlazando co límite do actual Campus Universitario da Coruña.

1-2. Desde o vértice NO da parcela 678 segue á linde norte das 679, 680, 491, 494 e 497, cruzando

neste punto o camiño Castro-O Martinete e seguindo o límite norte da parcela 376 ata o seu vértice NL (punto 2).

A banda leste adáptase ó límite actual máis externo dos socalcos de cultivo de configuración antiga que rodean o xacemento nesta orientación, marcando o deslindamento do campus universitario e o núcleo urbano de Castro.

2-3. Desde o vértice NL da parcela 376, seguindo o límite leste dela en dirección sur, percorrendo este mesmo límite da 377 e 383 ata a súa confluencia coa 389, adaptándose a súa linde norte e continuando pola 390,tomando novamente dirección sur no límite leste da mesma a través das 392 e 394, onde se aliña coa beira oeste do camiño de servicio ata o lugar de Castro. Torce no vértice SL da parcela 413 cara ó oeste pola súa linde norte, cruzando, ó remate deste predio, o camiño que vén da N-VI e bordeando o núcleo de Castro pola linde leste da parcela 139, a partir da cal cinxe por este mesmo límite as 940, 159, 162, 163, e 164, seguindo á 165 ata o contacto coa 109, onde torce cara ó leste ata o camiño de servicio que cruza esta, adaptándose a el ata confluír no Camiño da costa (Castro-A Zapateira), que segue, sen incluír, ata o vértice SO da parcela 107 (punto 3).

A banda sur percorre as alturas do Castelo, que supón as últimas estribeiras dos montes da Zapateira,

supoñendo unha barreira natural da área de dominio visual do xacemento.

3-4. Desde a parcela 107, a liña de delimitación segue o trazado do camiño que percorre cara ó oeste os cumes destes montes, servindo de linde sur as parcelas 166, 167, 168, 179 e 178, confluíndo no vértice SO desta última con outro camiño de orientación N-S, que cruza, seguindo a continuación o límite oeste das parcelas 176 e 174 ata a linde 297, adaptándose a ela ata o camiño de Feáns, o que vai seguindo ata o vértice SL da parcela 946 (punto 4).

A banda oeste transcorre por terreos chans (gándara) e húmidos, adaptándose en liñas xerais á rede de camiños antigos que por aquí atravesan.

4-1. Desde o punto 3 segue a liña de linde sur desta parcela o seu vértice SO onde encara ó norte seguindo o límite oeste das parcelas 946,945, 944, 943, 942, e 941, enlazando nesta coa 307, onde o límite oeste toma como trazado, continuando polo mesmo das 308, 309, 310 e 389, cruzando aquí o camiño a Feáns e adaptándose, incluíndo a el en dirección leste ata a súa confluencia co de Mesoiro, ó que a continuación se cinxe pola súa beira leste desembocando no de servicio que pasa polo norte do xacemento, onde a confluencia o cruza, dirixíndose cara ó norte e seguindo o límite oeste das parcelas 687, 686 e 678 ata o punto 1.

9800