Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o. E.S. OU-11/98, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O acordo de incoación dictado no procedemento sancionador de referencia considérase proposta de resolución de acordo co establecido no artigo 19.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora da Administración, aprobado por Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), fronte á que os interesados poderán efectuar alegacións e presenta-los documentos e informes que consideren pertinentes no prazo de quince días. Igualmente poderán acceder ó contido do expediente ou obter copia dos documentos que figuran nel.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 20 de outubro de 1998.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente nº E.S. OU-11/98.

Presunto responsable: Promotora O Chao, S.L., da que son representantes Juan Manuel Quintas Pérez e Josefa López Fidalgo.

NIF: B-32-153215.

Último enderezo coñecido: rúa Constitución, nº 6. 32300. O Barco de Valdeorras.

Feitos imputados: neglixencia na edificación de vivendas de protección oficial que dea lugar a vicios ou defectos nelas.

Precepto sancionador: artigo 6.1º.e) da Lei 13/1996, do 30 de decembro.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: 750.000 ptas. de multa e a obriga de face-las reparacións necesarias.

9397