Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de setembro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (6/1998 e dous máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que a seguir se indican:

-Expediente número 6/1998.

Denominación: monte de Argomoso.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Argomoso.

Concello: Mondoñedo.

Superficie: 263 ha.

Lindeiros:

Os do termo parroquial son:

Norte: termos da parroquia de Mondoñedo-Santiago, en parte polo río Valiñadares. Leste: termos da parroquia de Lindín. Sur: monte Moncapelo, mancomunado desta parroquia de Argomoso coas de Lindín e Santa María a Maior, e termo municipal da Pastoriza. Oeste: termos e montes da parroquia de Mondoñedo-Santiago, en parte polo río Valiñadares.

Descrición do perímetro:

Os únicos límites salientables no perímetro destes montes da parroquia de Argomoso son polo sur co citado monte Moncapelo, mancomunado das parroquias de Argomoso, Lindín, e Maior, subindo desde Farrapa cara ó suroeste segundo o cume da lomba de Moncapelo ata chegar á Campa da Tenda do Rei, onde xa é termo municipal da Pastoriza, co que segue o marco cara ó nordeste baixando a Cristo do Fiouco.

-Expediente número 10/1998:

Denominación: monte Valiño Bo.

Comunidade propietaria:veciños da parroquia de Vilar de Donas.

Concello: Palas de Rei.

Superficie: 9,4 ha.

Lindeiros:

Norte: rego de Parada. Leste: termo da parroquia de Covelo. Sur: estrada Lugo-Santiago de Compostela. Oeste: predios na posesión de Manuel Parada e Sergio Rodríguez.

-Expediente número 15/1998.

Denominación: monte Cadaval, Louseiras e Toxal Novo.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilaseñor.

Parroquia: Vilarente.

Concello: Abadín.

Superficie: 12,5 ha.

Lindeiros:

Parcela I (Cadaval):

Norte: monte da comunidade de Abeledo. Leste: termo municipal da Pastoriza. Sur: predios particulares de veciños de Vilaseñor. Oeste: predios particulares de veciños de Vilaseñor.

Parcela II (Louseiras):

Norte: predios particulares de veciños de Vilaseñor. Leste: camiño e predios particulares. Sur: máis predios particulares de veciños de Vilaseñor. Oeste: máis predios particulares de veciños de Vilaseñor.

Parcela III (Toxal Novo):

Norte: predios particulares de veciños de Vilaseñor e Vilarente. Leste: predios particulares de veciños de Vilaseñor e Vilarente. Sur: predios particulares de veciños de Vilaseñor e Vilarente. Oeste: predios particulares de veciños de Vilaseñor e Vilarente.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada coa data do 25 de outubro de 1995 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, achegando se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 30 de setembro de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo

9763