Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros (A Coruña) tramita expediente para elixir xuíz de paz substituto do Xulgado de Paz de Oleiros.

As persoas interesadas poderán presenta-las súas solicitudes mediante instancia que se presentará no rexistro xeral do concello das 9 ás 13 horas, durante o período de quince días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio no DOG.

As condicións legais que deberán reuni-los solicitantes para seren elixidos son:

a) Ser español e maior de idade.

b) Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade que se relacionan:

1. Estar impedido, nin física nin psiquicamente para a función xudicial.

2. Os condenados por delicto doloso, mentres non obtivesen a rehabilitación.

3. Os procesados ou inculpados por delicto doloso, en tanto non sexan absoltos ou se dicte acto de sobresemento.

4. Os que non estean en pleno exercicio dos seus dereitos civís.

c) Non estar incurso nas causas de incompatibilidade previstas para o desenvolvemento das funcións xudiciais (artigo 389 e ss. da Lei orgánica do poder xudicial) agás do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.

Xunto coa instancia presentaranse os documentos seguintes:

* Certificado de nacemento ou fotocopia auténtica do DNI.

* Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980, no seu punto 1.a) referente a se se atopa inculpado ou procesado.

* Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

Faise constar que non é preciso ser licenciado en dereito.

Oleiros, trece de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Mª Esther Pita Pita

Alcaldesa

9715