Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-310).

Por resolución desta alcaldía nº 4526/1998, con data do 8 de setembro de 1998, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización no predio El Loural, en Santa Cruz, Liáns.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que contará desde a derradeira publicación (Diario Oficial de Galicia ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presentar-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 24 de setembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

9716