Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EXPOSICIÓN pública do avance do plan xeral de ordenación municipal.

Para que entidades ou particulares poidan formular suxestións, expoño ó público durante un mes os traballos do avance do plan xeral de ordenación municipal do Concello de Meis, que confeccionou a empresa ADIU, S.L., en cumprimento do acordo do Pleno Municipal, do 28 de setembro de 1998, e segundo o prevé o artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Meis, 30 de setembro de 1998.

Jorge Casal Pintos

Alcalde

9189