Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

EDICTO da alcaldía.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a adxudicación de postos na praza de abastos, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón xunto con este edicto polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500 Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: adxudicación de postos na praza de abastos.

Duración do contrato: 25 anos.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Garantía provisional: 18.000 ptas. para os postos simples e 36.000 ptas. para os dobres.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día

anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do día de publicación deste anuncio no DOG en horas das nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás doce e trinta horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 25 de setembro de 1998.

José Crespo Iglesias

Alcalde

9193