Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Prado no concello de Ponteareas, da provincia de Pontevedra, por parte de Segundo Sabino Porto.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Segundo Sabino Porto, con domicilio en Padróns, Ponteareas, presentou nesta delegación provincial, o día 12 de marzo de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Prado, de 1 cuadrícula mineira para recursos da sección C), granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra, e á que lle correspondeu o nº 2.779, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice 18º 29' 40''42º 12' 20''

Vértice 28º 30' 00''42º 12' 20''

Vértice 38º 30' 00''42º 12' 40''

Vértice 48º 29' 40''42º 12' 40''

A solicitude foi admitida definitivmamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevededra, 7 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

9304