Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de soporte de microinformática para o Hospital Xeral de Galicia, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 102/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11-5-1998) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: servicios de soporte de microinformática para o Hospital Xeral de Galicia.

Orzamento estimado: 3.062.400 pesetas (tres millóns sesenta e dúas mil catrocentas pesetas), IVE incluído.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Consituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamante, da Lei 13/1995, de contratos das administracións publicas..

Forma de adjudicación: concurso público, procedemento aberto e urxente.

Prazo de execución: 1 ano, desde o 1 de novembro de 1998 ou data da sinatura do contrato se é posterior.

Admisión de variantes: consideraranse as ofertas que, mellorando as prescricións técnicas esixidas, non superen o orzamento máximo autorizado.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios do artigo 16 de LCAP.

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios do artigo 19 da LCAP.

Criterios de adxudicación:

Prezo: ata un máximo de 3 puntos.

Servicio: ata un máximo de 4 puntos.

Calidade: ata un máximo de 3 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais

documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

9633