Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998 pola que se lle concede a Carlos Mejuto Pulleiro a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Carlos Mejuto Pulleiro e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupo IG-I a IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Outorgarlle a Carlos Mejuto Pulleiro a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a delegación provincial de Industria e Comercio da provincial correspondente fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará na Dirección Xeral de Industria e nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anúal de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9705