Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de outubro de 1998, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00306-I-98 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouso da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1998.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00306-I-98

LU-7234-I

LE9OR0032413918

José Antonio Diz Dios

Barbanza, 2-1º

15960 Ribeira (A Coruña)

Da análise dos discos-diagrama de tacógrafo do vehículo LU-7234-I, obsérvase que figuran como conductores as seguintes persoas: Carlos Oujo e Juan Pérez, os cales non se xustifican como pertencentes a esa empresa; ben a través do modelo TC-2 de cotización á Seguridade Social ou mediante o xustificante de cotización ó réxime especial de traballadores autónomos, polo que se incumpre unha das condicións esenciais da autorización.Art. 200 do

Real decreto

1211/1990 e Art. 48 da Lei 16/1987

O.M. 4-2-1993

Art. 143

Lei 16/1987,

Art. 201

Real decreto

1211/1990

100.000 ptas.
DX-00484-I-97

B-0852-LV

3326014268A7286

Serv. Ttes. de Automov. Merc., S.A.

Passeig Sant Gervasi, 83

822 Barcelona

Ás 12 horas do día 12 de setembro solicítaselle ó conductor do vehículo matrícula B-0852-LV, que lle mostre ó axente de inspección os discos-diagrama do aparello de control tacógrafo correspondentes ós días 11 e 12 de setembro, da análise deles e concretamente no que se corresponde co día 11, no que figura como conductor P. Pintos, constátase un período de conducción diario de 12 horas 15 minutos, o que supón un exceso de 2 horas 15 minutos sobre a conducción máxima diaria permitida, que representa un excceso superior ó 20%.

12-9-1997; 12; 515,800

Art. 6 do R (CE) 3820/1985Art. 143

Lei 16/1987,

Art. 201

Real decreto

1211/1990

50.000 ptas.

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00491-I-97

M-6441-PK

LE90R0033251838

Javi Express, S.L.

Londres, 43

280 Torrejón de Ardoz (Madrid)

Realizar transporte público de mercadorías (chapas metálicas), utilizando o vehículo matrícula M-6414-PK, sendo o conductor Santos Ángel Saavedra Saavedra con DNI: 11.946.554, non leva no vehículo no momento da denuncia os discos-diagrama do aparello de contros tacógrafo da semana en curso, nin o último da semana anterior na que conduciu.

23-10-1997; 12.50; N-VI; 454,400

Art. 15 do R (CE) 3821/1985Art. 143

Lei 16/1987,

Art. 201

Real decreto

1211/1990

47.000 ptas.

9216