Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 28 de outubro de 1998 Páx. 11.613

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 288/1998, do 22 de outubro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a Cuba é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Durante a ausencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, con motivo da súa viaxe a Cuba, encárgaselle o despacho de asuntos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, desde o día 28 de outubro ata o seu regreso, ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Santiago de Compostela, vintedous de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

9627