Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998 pola que se autoriza a Carlos Mejuto Pulleiro a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Carlos Mejuto Pulleiro e a documentación anexa, na que se solicita a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria ITE11 do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (R.I.T.E.) aprobada polo R.D. 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), polo que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

Autorizarlle a Carlos Mejuto Pulleiro a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo de 1998.

Para imparti-los cursos, deberáselle comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da

provincia correspondente ó programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9564