Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/82-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. Budiño-Salceda tramo Salceda-grupo escolar.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 1.677 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o apoio 23 da L.M.T. xeral Budiño-Salceda ata o C.T. existente de Salceda-grupo escolar, na parroquia de Parderrubias, concello de Salceda de Caselas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 14 de setembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

9217