Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUROL

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria celebrada o día 14 de outubro de 1998, aprobou o prego de condicións económico-administrativas que rexerán o concurso para a adquisición de mobiliario para o Centro Social de Vilares, primeira fase, sito na parroquia de Merille.

O citado prego estará exposto ó público durante oito días para os efectos de exame e reclamacións.

Ó mesmo tempo anúnciase a licitación da dita adquisición, aínda que esta se aprazará no suposto de que houbese reclamacións contra o referido prego, ata a súa resolución.

1. Obxecto do contrato.

Adquisición de mobiliario para o Centro Social de Vilares, primeira fase sito na parroquia de Merille.

Tipo de licitación: 4.000.000 de pesetas.

Prazo de execución: dez días.

Garantía provisional: 80.000 pesetas.

Garantía definitiva: 160.000 pesetas.

2. Presentación de proposicións.

Presentaranse en sobre pechado, que pode lacrarse e precintarse dentro do prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publciación do anuncio no BOP e no DOG.

As propostas redactaranse segundo o modelo que se xunta.

O sobre terá que presentar no anverso a seguinte inscrición:

«Proposición para tomar parte no concurso de adquisición de mobiliario para o Centro Social de Vilares, 1ª fase, sito na parroquia de Merille, concello de Ourol, presentada por... con domicilio en...».

O/A licitador/a

(Sinatura)

Modelo de proposición:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., número..., con DNI nº..., expedido en... con data do... de... de 19..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de actuar, toma parte no concurso de adquisición de mobiliario para o Centro Social de Vilares.

a) Remite información detallada das especificacións e calidades do material ofertado.

b) Declara baixo a súa responsabilidade que non está incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación básica do Estado en materia de contratación administrativa.

c) Remite por separado e fóra dos sobres o documento de constitución da garantía provisional para participar no concurso.

d) Coñece e acepta tódalas obrigas derivadas dos pregos de condicións do concurso que tamén declara coñecer.

e) Une a esta proposición os seguintes documentos xustificativos do exposto...

... de... de 19...

O/A licitador/a

3. Apertura de proposicións.

A apertura de proposicións celebrarase no Concello de Ourol ás doce horas do día hábil seguinte ó do prazo sinalado, non coincidente en sábado.

4. Adxudicación definitiva.

A adxudicación faraa a Comisión de Goberno; despois da adxudicación definitiva o contratista será requirido para que no prazo de cinco días seguintes ó da notificación presente o documento que acredite a constitución da fianza definitiva e compareza no Concello de Ourol para a formalización do contrato en documento administrativo. De non cumprir este requirimento, a adxudicación quedará sen efecto.

5. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

As melloras faranse mediante unidades de obra completa adicional que garden relación co material obxecto do contrato.

Ourol, 15 de outubro de 1998.

Guillermo Salgueiro Abad

Alcalde