Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

O Concello de Ortigueira, en sesión plenaria celebrada o día 27 de febreiro de 1998, aprobou a oferta de emprego público para o dito ano. Publicada no BOE número 115 do 14-5-1998, a Corporación en sesión plenaria do 26 de xuño de 1998, aprobou as bases xerais e mailas específicas das prazas que compoñen a mencionada oferta de emprego.

A teor das facultades conferidas polo artigo 5 do Real decreto 986/1991, do 7 de xuño, acórdase a súa provisión en propiedade de acordo coas seguintes,

Bases xerais

Convocatoria unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionario de carreira e persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego público do Concello de Ortigueira para 1998.

1. Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria unitaria (que se completa coas correspondentes convocatorias específicas) a provisión en propiedade das prazas de funcionario de carreira e persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego público desta corporación para 1998, segundo se concreta nas ditas convocatorias específicas e mediante o proceso selectivo que nelas se establece en cada caso.

2. Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte nas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español.

Non obstante o anterior, á praza de axudante de biblioteca (persoal laboral), poderán concorrer tamén os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, despois de acreditaren a súa nacionalidade consonte o disposto na Lei 17/1993, de 23 de decembro, sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

Logo da acreditación da súa nacionalidade, os nacionais daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos nos que está definida no tratado constitutivo da Comunidade Europea, tamén poderán concorrer á praza de axudante de biblioteca.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación, no caso da praza de persoal laboral.

Para a praza de funcionario, ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder daquela na que falten máis de dez para a xubilación forzosa por idade, determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

c) Te-lo título esixido ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. Os títulos requiridos para cada unha das prazas sinálanse nas convocatorias específicas respectivas.

No caso de ter titulacións non expedidas en España, éstas deberán estar debidamente validadas polo Ministerio de Educación e Cultura.

d) Non ter enfermidade física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opte. As persoas con algunha discapacidade deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan adaptación das probas.

A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, comunidades autónomas ou das entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea ou daqueles que teñan subscritos tratados referente á libre circulación coa Comunidade Europea ratificados por España deberán acreditar de modo fidedigno non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan no seu estado o acceso á función pública.

Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixa, se é o caso, para cada unha das prazas, deberanse reunir con referencia ó derradeiro día de prazo de presentación de solicitudes, e gozar destes ata a toma de posesión (no caso dos aspirantes a praza de funcionario) ou ata a formalización do contrato (no caso da praza de persoal laboral), e será nulo o nomeamento como funcionario de carreira (ou a formalización de contrato laboral fixo, no caso da praza de persoal laboral) dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

3. Solicitudes.

3.1. As instancias nas que se solicite tomar parte nos respectivos procesos selectivos, dirixiranse ó

alcalde presidente do concello (directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro), no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria específica respectiva no BOE.

Para ser admitido e, se é o caso, tomar parte na práctica das correspondentes probas, os aspirantes manifestarán nas súas solicitudes que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2, e tamén os que, se é o caso, se esixan na convocatoria específica de que se trate, referidos sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación das instancias, e que se comprometen, en caso de seren propostos para o correspondente nomeamento (no caso de praza de funcionario) a prestar xuramento ou promesa de acordo co que determina o Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Tamén terán que cumplir, se é o caso, os requisitos especiais que se poidan establecer na convocatoria específica na que se solicite participar.

Os aspirantes con minusvalidez terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen tal condición, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

Os aspirantes non españois, no momento de presentación das solicitudes, deberán acredita-la nacionalidade que invocan e, así mesmo, que non estean sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal, que impida no seu estado o acceso á función pública ou empregos públicos.

Os anteriores documentos deberán ser certificados polas autoridades competentes.

3.2. Á instancia uniranse inescusablemente:

a) Fotocopia simple do DNI ou, se é o caso, documento equivalente expedido pola autoridade competente do país de orixe.

b) Xustificación acreditativa de ter aboados os dereitos de exame na contía que se fixa para cada caso na correspondente convocatoria específica.

O pagamento dos dereitos poderase efectuar mediante aboamento directo nas oficinas da Tesourería municipal por xiro postal ou telegráfico, ou ingreso nunha conta bancaria da localidade da que sexa titular único o concello. Cando o ingreso sexa por xiro ou por ingreso en conta bancaria deberá expresar con claridade a quén lle corresponde o ingreso e a convocatoria a que se lle atribúe o pagamento. Os dereitos de exame só lles serán devoltos ós que non fosen admitidos nas probas selectivas por non reuniren os requisitos esixidos na convocatoria.

c) Aqueles documentos que se establecen, se é o caso, nas bases da correspondente convocatoria específica.

4. Admisión dos aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a alcaldía-presidencia aprobará, no prazo

dun mes, a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, indicando neste último caso as causas da exclusión, así como a designación dos membros do tribunal cualificador, que se farán públicos no BOP, e serán expostos no taboleiro de anuncios do concello, concedéndose un prazo de dez días hábiles para a emenda de defectos, a teor do artigo 71.1º da LRXPAC.

Se houbese reclamacións, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se apoba a lista definitiva que se fará publica na forma indicada para a lista provisional. Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, só cabe, se é o caso, interpoñer recurso contencioso-administrativo.

4.2. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos nos procedementos selectivos derivados desta convocatoria unitaria. Cando da documentación que debe presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos esixidos para participar, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Tribunais cualificadores.

5.1. Os tribunais cualificadores dos procesos selectivos designaranse a teor e de conformidade co sinalado no Real decreto 986/1991, do 7 de xuño, pola que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que deben axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local.

5.2. A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos do concello, polo menos cun mes de antelación ó comezo das probas selectivas.

5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándollo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou estivesen preparando aspirantes ás probas nos cinco anos anteriores ó da publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

5.4. O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presencia, cando menos, da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

No caso de ausencia do presidente (e do seu suplente) será substituído polo vocal que figure primeiro na relación da composición do tribunal e, no seu defecto, polo seguinte e así sucesivamente.

No caso de ausencia do secretario (e do seu suplente), será substituído polo vocal que corresponda segundo a orde inversa ó descrito no parágrafo anterior.

5.5. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que xulgue

oportuno limitándose os asesores a prestaren a colaboración nas súas especialidades técnicas. Os ditos asesores terán voz pero non voto.

5.6. Para os efectos de percepción de asistencias, os compoñentes dos tribunais que actúen nos procesos selectivos terán as categorías que establece o Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razón do servicio.

6. Comezo das probas e orde de actuación dos aspirantes.

6.1. As probas non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data en que apareza publicado no Boletín Oficial del Estado o anuncio da convocatoria. Quince días antes, como mínimo, do comezo dos exercicios anunciarase no BOP e no taboleiro de edictos do concello o día, hora e lugar en que se celebrará o primeiro deles.

6.2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo casos de forza maior debidamente xustificados y apreciados polo tribunal. Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI ou documento que o substitúa.

6.3. A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan celebrarse conxuntamente farase por orde alfabética segundo a primeira letra do seu apelido, comezando pola letra Ñ de conformidade co disposto na resolución da Secretaría do Estado para a Administración pública.

A dita orde de actuación será aplicable a tódalas convocatorias específicas derivadas da oferta de emprego público de 1998.

7. Desenvolvemento do proceso selectivo.

7.1. Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de cualquera dos requisitos esixidos da convocatoria, será excluído deste, logo de audiencia do interesado. O tribunal, cando exclúa un aspirante, comunicarallo o mesmo día á autoridade que convocou o proceso selectivo.

7.2. Nas convocatorias específicas que completan a presente convocatoria unitaria concrétase o contido de cada proba, e a súa forma de desenvolvemento, sistema de cualificación dos respectivos exercicios e os seus correspondentes programas.

7.3. Os aspirantes poderán realiza-los exercicios, á súa elección, en calquera das dúas linguas oficiais.

7.4. Os exercicios que se celebren por escrito poderán ser lidos publicamente se así o acorda o tribunal seleccionador.

7.5. A publicación dos anuncios de celebración do segundo exercicio e sucesivos faraa o tribunal no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

7.6. As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios serán publicadas no taboleiro de edictos do concello.

7.7. Entre o final dunha proba ou exercicio e o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo

mínimo de setenta e dúas horas e, como máximo, de corenta e cinco días naturais.

7.8. Cando nas convocatorias non conste expresamente a duración dalgunha proba ou exercicio, o tribunal decidirá ó respecto, atendendo á súa natureza e características.

8. Cualificación dos exercicios e publicación dos resultados finais.

8.1. A cualificación de cada exercicio efectuarase sumando as puntuacións outorgadas por cada membro do tribunal, cos límites que establecen as bases específicas, e dividindo o total polo número de membros.

8.2. Os sistemas de cualificación de cada proba sinálanse nas respectivas convocatorias específicas.

8.3. Rematada a cualificación dos exercicios, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde da puntuación final, especificando esta numericamente. Dado que en ningún caso o número de aspirantes aprobados poderá supera-lo número de prazas convocadas, a correspondente relación confeccionarase cos aspirantes que, tendo superado tódolos exercicios obrigatorios e eliminatorios, obtivese a maior puntuación no conxunto das probas incluída a puntuación do exercicio obrigatorio e non eliminatorio.

8.4. O tribunal non poderá declarar que superaron as probas selectivas, nin que aprobaron un número maior de aspirantes que prazas convocadas.

8.5. Calquera proposta de aprobados, de nomeamento ou de formalización de contrato que contraveña o anteriormente establecido, será nula de pleno dereito.

8.6. O tribunal elevaralle a relación de aprobados, xunto coa acta da última sesión, ó alcalde presidente para os efectos de tramitación do pertinente nomeamento, se se trata de praza de funcionarios, ou para efectos de formalización do contrato laboral indefinido, se se trata de persoal laboral fixo. Esta proposta terá carácter vinculante.

9. Presentación da documentación.

9.1. No prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación das listas de aspirantes aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral do concello os seguintes documentos:

a) Fotocopia (que deberá presentarse con orixinal para a súa compulsa) do DNI ou, se é o caso, documento equivalente expedido pola autoridade competente do país de orixe.

b) Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse con orixinal para a sua compulsa) do título, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos esixidos para a expedición deste. Se estes documentos estivesen expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de solicitudes, deberá xustificarse a data en que finalizaron os correspondentes estudios.

O título deberá estar debidamente validado polo Ministerio de Educación e Cultura no caso de non ser expedido en España.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin de estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible ou impida o normal desempeño das correspondentes funcións.

e) Os aspirantes propostos que teñan algunha minusvalidez e así o fixeron constar na solicitude, deberán acreditar tamén o grao de minusvalidez e a súa compatibilidade co exercicio das funcións da praza, mediante certificación expedida polos organismos competentes.

f) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme a lexislación na materia.

g) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos pola lexislación vixente.

9.2. Deberán presentarse tamén, en igual prazo, aqueles documentos acreditativos dos requisitos esixidos nas bases das convocatorias específicas.

9.3. Os aspirantes propostos estarán exentos de presentar neste prazo aqueles documentos que entregaron xunto coa solicitude no prazo habilitado para a presentación de instancias.

9.4. Se os aspirantes propostos tivesen a condición de funcionarios públicos ou traballadores laborales fixos ó servicio de calquera das administracións públicas, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, ou formalización do oportuno contrato, no caso de persoal laboral fixo, que concorden cos da convocatoria correspondente, debendo, en tal caso, presentar certificación do organismo, consellería, corporación local ou ministerio do que dependan, acreditando a súa condición e demais circunstancias de interese que consten no seu expediente persoal ou folla de servicios.

9.5. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria, mediante calquera medio de prueba admitidos en dereito.

9.6. Se, dentro do prazo indicado, agás en casos de forza maior, o aspirante proposto non presentase a súa documentación ou non acreditase reuni-los requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, no caso da praza de funcionario, ou contrato, se se trata da praza de persoal laboral, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidese incorrer por falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo.

9.7. Os que sexan funcionarios doutros estados membros da Unión Europea e dos países que teñan

subscritos coa Unión Europea tratados internacionais relativos á libre circulación ratificados por España, poderán acredita-la súa condición mediante certificación expedida polo órgano competente na que conste que cumpren os requisitos esixidos.

10. Nomeamento de funcionarios e toma de posesión.

Concluído o proceso selectivo e presentados os documentos solicitados ou, se é o caso, acreditado que se reúnen as condicións esixidas, a alcaldía-presidencia, de acordo coa proposta do tribunal cualificador procederá ó nomeamento do funcionario de carreira, que deberá tomar posesión no prazo de trinta días, contados desde o seguinte a aquel no que lle sexa notificado o nomeamento, debendo previamente prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

11. Formalización do contrato e período de proba (praza de persoal laboral).

11.1. Unha vez presentada a documentación solicitada ou, se é o caso, acreditado que se reúnen as condicións esixidas, a alcaldía-presidencia efectuará a contratación do aspirante proposto polo tribunal cualificador.

11.2. Será nula a contratación de quen estea incurso en causa de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

11.3. A formalización do contrato terá lugar no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que se lle notifique a proposta de contratación feita polo tribunal.

11.4. Ata que non se formalice o contrato e se incorpore ó posto de traballo correspondente, o aspirante non terá dereito a ningunha prestación económica, podendo especificarse no contrato o período de proba a que se somete, co alcance previsto no Estatuto dos traballadores.

11.5. Transcorrido o período de proba, o aspirante seleccionado adquirirá a condición de persoal laboral fixo.

12. Normas finais.

12.1. A aprobación das bases xerais e específicas e os actos administrativos que se deriven poderán ser recorridos polos interesados nos casos e na forma prevista pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

12.2. Para o non previsto nestas bases xerais nin nas das convocatorias específicas que as completan, será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia; o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Gali

cia, o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais normas de aplicación, disposicións todas elas aplicables de conformidade coas regras de prelación establecidas no artigo 134.2º do texto refundido de réxime local (RDL 781/1986, do 18 de abril) e máis na disposición derradeira do Real decreto 896/1991.

Ortigueira, 10 de setembro de 1998.

Xesús Varela Martínez

Alcalde

Convocatoria especifica número 1/1998

(Persoal funcionario)

Arquitecto superior

Efectúase convocatoria específica para a provisión dunha praza de arquitecto superior, de conformidade coas seguintes bases (que completan as da convocatoria unitaria).

1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica. Denominación: arquitecto superior.

2. Dotación económica: os emolumentos correspondentes ó grupo A, do artigo 25 da Lei 30/1984, dotada co nivel de proporcionalidade 10, dúas pagas extraordinarias, trienios e demais emolumentos que correspondan conforme a lexislación vixente e acordos adoptados pola corporación municipal ó respecto.

3. Sistema de selección: oposición libre.

4. Titulación esixida: título de arquitecto superior.

5. Número de prazas que se convocan: unha.

6. Dereitos de exame: sete mil pesetas.

7. Tribunal cualificador: o tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Vocais: un representante da Comunidade Autónoma de Galicia, un arquitecto designado polo Colexio Oficial de Arquitectos Superiores de Galicia (Delegación da Coruña); un arquitecto designado pola Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña; un funcionario de carreira designado pola alcaldía por proposta da mesa negociadora do persoal funcionario do concello.

-Secretario: o secretario xeral do concello ou funcionario administrativo en quen delegue.

8. Exercicios da oposición:

Primeiro exercicio: consistirá en desenvolver por escrito durante o período máximo de dúas horas, un tema de carácter xeral, sacado ó chou de entre os que propoña o tribunal inmediatamente antes de celebrarse o exercicio e relacionado coas materias comprendidas no programa que figura como anexo, aínda que non se ateña o epígrafe concreto del, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á súa forma de exposición se refire.

Neste exercicio valorarase especialmente o nivel de formación xeral, a claridade e a orde de ideas, a facilidade de exposición, a achega persoal do aspirante e súa capacidade de síntese.

Este exercicio lerase en público por cada aspirante no día e hora que sinale o tribunal.

Segundo exercicio: consistirá en expoñer oralmente nun período máximo de sesenta minutos, cinco temas extraídos ó chou de entre os comprendidos no programa que figura como anexo; un do grupo primeiro, dous do grupo segundo, un do grupo terceiro e un do grupo cuarto do dito programa.

A realización deste exercicio será pública. Valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos, e se unha vez desenvolvidos os dos primeiros temas, que poderán expoñerse na orde elixida polo aspirante, o tribunal apreciase deficiencia notoria na actuación, poderá convidar a aquel a que desista de continua-lo exercicio.

Unha vez concluída a exposición o tribunal poderá dialogar co aspirante sobre materias relacionadas cos temas expostos e solicitar explicacións complementarias. Esta facultade do tribunal non poderá supera-los dez minutos.

Terceiro exercicio: consistirá nas seguintes probas:

a) Desenvolver por escrito durante un período máximo de tres horas, un informe sobre cada un dos supostos prácticos que formulase o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, e que estarán referidos ó contido das funcións asignadas ó subgrupo de técnicos superiores.

Nesta proba valorarase esencialmente a sistemática e formulación de conclusións.

b) Redactar durante un período máximo de cinco horas un anteproxecto ou avance, referido a un instrumento de planeamento urbanístico ou deseño arquitectónico dun edificio para equipamento público municipal ou conxunto urbano, que propoña o tribunal.

O tribunal poderá pedirlle ó aspirante, ó termo do exercicio, cantas aclaracións verbais considere necesarias para a xustificación da solución proposta.

No desenvolvemento deste terceiro exercicio os aspirantes poderán facer uso da bibliografía coa que acudan provistos.

Cuarto exercicio.-De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá en traducir do castelán para o galego sen axuda do diccionario, nun tempo máximo de trinta minutos, un texto elixido polo tribunal inmediatamente antes do inicio do dito exercicio. A traducción será lida polo aspirante ante o tribunal. Neste exercicio valorarase a corrección na escritura, na lectura e na pronuncia da lingua galega.

9. Cualificación.-Os tres primeiros exercicios, de carácter obrigatorio e eliminatorio, serán cualificados ata un máximo de dez puntos, quedando eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de cinco puntos en cada un deles.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal en cada un dos exercicios será de cero a dez puntos.

Co fin de evitar grandes diferencias de puntuación entre os diversos membros do tribunal, nas cualificacións outorgadas por cada un deles, non poderá existir unha diferencia igual ou superior a catro puntos. Se así ocorrese non serán computables a nota máis alta e a máis baixa, puntuando exclusivamente as outorgadas polo resto dos membros do tribunal.

As cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes a el, sendo o cociente a cualificación definitiva.

As cualificacións de cada exercicio faranse públicas o mesmo día, ó final de cada sesión e serán expostas no taboleiro de anuncios do concello.

O cuarto exercicio obrigatorio e non eliminatorio será cualificado de cero a tres puntos por cada membro do tribunal. A orde de cualificación definitiva virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos catro exercicios da oposición.

ANEXO

Grupo primeiro.-Materias comúns:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Características e estructura. Dereitos e deberes fundamentais na Constitución española.

Tema 2.-O Estado. Xustificación e fin do Estado. Formas de Estado. Funcións e poderes do Estado. A teoría da división de poderes.

Tema 3.-As formas de goberno. Os partidos políticos.Os grupos de presión. A opinión publica. O sufraxio.

Tema 4.-O Goberno e a Administración pública. A Administración pública na Constitución española. Principios, organización e funcións.

Tema 5.-Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. O sistema de distribución de competencias. O financiamento das comunidades autónomas.

Tema 6.-A Comunidade Autónoma de Galicia: institucións e competencias.

Tema 7.-A Administración local en España: principios constitucionais. As entidades locais.

Tema 8.-Sometemento da Administración pública á lei e ó dereito. As fontes do dereito. A lei: clases de leis. O regulamento. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia.

Tema 9.-O procedemento administrativo: principios e fases do procedemento.

Tema 10.-A provincia. Organización e competencias das provincias de réxime común.

Tema 11.-O municipio. Organización e competencias dos municipios de réxime común.

Tema 12.-A contratación administrativa. Formas de contratación. Execución e extinción dos contratos.

Tema 13.-Os bens das entidades locais. Réxime de utilización.

Tema 14.-O servicio público. Os modos de xestión do servicio público.

Tema 15.-A expropiación forzosa: concepto, elementos e procedemento.

Tema 16.-A responsabilidade da Administración. Evolución e réxime actual.

Tema 17.-O personal ó servicio das administracións públicas. Principios e normativa básica.

Tema 18.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes. Incompatibilidades.

Grupo segundo.-Materias específicas A.

Tema 1.-O dereito urbanístico. Relación con outras ramas do dereito e outras ciencias. A lexislación urbanística e o urbanismo moderno. Evolución histórica do dereito urbanístico en España.

Tema 2.-Lei de réxime do solo e ordenación urbana do 26 de xuño de 1992 e incidencia nela da sentencia número 61 do Tribunal Constitucional do 20 de marzo de 1997. Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións.

Tema 3.-Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. Criterios xerais.

Tema 4.-Lei 7/1997, do 4 de abril, de medidas liberalizadoras en materia do solo e colexios profesionais.

Tema 5.-Función social da propiedade. Clasificación do solo. Concepto de soar.

Tema 6.-Réxime do solo rústico. Réxime do solo urbano e urbanizable. Dereitos e deberes básicos dos propietarios. Facultades urbanísticas. Dereito a urbanizar.

Tema 7.-Dereito a edificar: adquisición do dereito. Dereito á edificación: Adquisición do dereito. Inactividade da Administración.

Tema 8.-Publicidade do planeamento. Consulta urbanística. Cédula urbanística. Información urbanística.

Tema 9.-As valoracións urbanísticas. Valoración dos terreos. Valoración de terreos que se vaian obter por expropiación. Valoración de obras e outros bens e dereitos.

Tema 10.-A planificación urbanística. Natureza do plan. Tipoloxía dos plans: a súa xerarquía. Efectos da aprobación dos plans.

Tema 11.-O planeamento supramunicipal. O Plan Director de Coordinación. O procedemento de aprobación do planeamento supramunicipal e os seus efectos.

Tema 12.-O planeamiento municipal. Os plans xerais municipais de ordenación. Función, contido, formación e formulación.

Tema 13.-Os plans parciais de ordenación. Determinacións e documentación. Formación e aprobación.

Tema 14.-Os municipios carentes de todo tipo de instrumento de planeamento: réxime do solo. Proxectos de delimitación. As disposicións legais de ordenación complementarias e subsidiarias das determinacións de planeamento.

Tema 15.-Os plans especiais. Función, tipoloxía, contido e procedemento de aprobación.

Tema 16.-Os estudios de detalle. Función, contido, formación e formulación.

Tema 17.-Os proxectos de ordenación do medio rural. Función, contido, formación e formulación.

Tema 18.-Os proxectos de urbanización. Contido substantivo e documental. Formulación e aprobación. Os proxectos de obras ordinarios.

Tema 19.-Redacción de proxectos de obras. Documentación técnica. Fases dunha obra desde a súa licitación ata a súa liquidación definitiva. Relacións valoradas de obra. Certificacións. Modificación do contrato. Suspensión das obras. Revisión de prezos. Rescisión y resolución do contrato.

Tema 20.-Vixencia dos plans. Modificación. Revisión e suspensión.

Tema 21.-Os límites legais da potestade de planeamento. Os estándares urbanísticos. Dotacións dos plans parciais de ordenación. Outras determinacións legais substantivas de ordenación.

Tema 22.-A execución de plans urbanísticos. Requisitos previos e tipos de sistemas de actuación. Determinación do aplicable.

Tema 23.-O sistema de compensación. O sistema de cooperación. O sistema de expropiación.

Tema 24.-Parcelacións e reparcelacións. Características e tramitación. Efectos que produce o acordo aprobatorio do proxecto de reparcelación.

Tema 25.-Polígonos e unidades de execución. Criterios e procedemento para a sua delimitación. Modificación. Posibilidades de actuación asistemática.

Tema 26.-Obtención de terreos dotacionais. Diversidade de supostos.

Tema 27.-Expropiacións. Supostos expropiatorios. Constitución de servidumes. Modalidades de xestión da expropiación. Determinación do prezo xusto.

Tema 28.-O procedemento de taxación conxunta. O procedemento de expropiación individual. Pagamento do prezo xusto. Ocupación e inscrición no rexistro. Liberación das cargas. Reversión dos

terreos expropiados. Supostos de reversión. Reversión na expropiación por incumprimento.

Tema 29.-Réxime de venda forzosa. Inscrición rexistral das edificacións ruinosas e inadecuadas. Municipios ós que se lles aplica o Rexistro de Soares e Terreos sen Urbanizar. Procedemento da venda forzosa.

Tema 30.-Supostos indemnizatorios na execución e desenvolvemento do planeamento.

Tema 31.-Intervención administrativa na edificación e uso do solo. Licencias: actos suxeitos a licencia, competencia; actos promovidos por administracións públicas.

Tema 32.-O deber de conservación. A protección da legalidade urbanística. Parcelacións. Infraccións urbanísticas. A reacción contra as licencias ilegais: nulidade de pleno dereito e infracción urbanística grave. A suspensión. Revisión e anulación. A vía de recursos: Lexitimación pública e prazos. Supostos de responsabilidade da Administración no caso de anulación. A revogación das licencias.

Tema 33.-Obras sen licencia ou orde de execución. Infraccións urbanísticas. Clases. Persoas responsables. Sancións. Prescrición.

Tema 34.-O expediente contradictorio de ruína. O seus aspectos administrativos. Proceso de desenvolvemento. Aspectos técnicos. Repercusións sociais.

Tema 35.-Instrumentos de intervención no mercado do solo. Patrimonio municipal do solo. Dereito de superficie. Dereitos de tanteo e retracto

Grupo terceiro.-Normas subsidiarias de planeamento municipal de Ortigueira.

Tema 1.-Formación e estructura urbana do municipio de Ortigueira. O seu proceso de desenvolvemento ata as normas subsidiarias de 1993.

Tema 2.-As normas subsidiarias de planeamento municipal. Criterios e obxectivos delas. Xuízo crítico sobre os seus fins e aplicación.

Tema 3.-Modelo territorial das normas subsidiarias de planeamento municipal. Esquema director. Clasificación e cualificación do solo. Aspectos básicos da normativa urbanística.

Tema 4.-As normas subsidiarias de planeamento no solo urbano. Cualificación. Edificabilidade. Usos. Aproveitamentos.

Tema 5.-As proteccións dentro das normas subsidiarias de planeamento. Análise crítica. Propostas de actuación que se consideren convenientes.

Tema 6.-O solo urbanizable nas normas subsidiarias de planeamento. Análise e valoración das súas características.

Tema 7.-O solo rústico común e de protección. Estudio e valoración das súas características e normativa.

Tema 8.-Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia: o seu réxime transitorio e a súa aplicación

ás normas subsidiarias de planeamento municipal de Ortigueira.

Tema 9.-Características xeolóxico-xeotécnicas dos diferentes tipos de solo do termo municipal de Ortigueira: natureza e composición. Incidencia nas obras públicas.

Tema 10.-Pavimentos urbanos no termo municipal de Ortigueira. Pavimentacións especiais e pavimentacións en zonas de interese histórico-artístico.

Grupo cuarto.-Materias específicas B.

Tema 1.-Concepto e clases das vías públicas: Regulación xurídica. Réxime xurídico das estradas.

Tema 2.-Lexislación sobre a vivenda. Antecedentes históricos. A política da vivenda nos últimos anos. Promoción pública e privada. Organismos públicos de promoción de vivendas. Xestión e financiamento das vivendas de protección oficial. Normas técnicas e programas mínimos.

Tema 3.-Restauración, rehabilitación e reconstrucción de edificios. Políticas na rehabilitación de edificios. Breve exame das tecnoloxías aplicadas. Normativa existente para a protección e rehabilitación de vivendas.

Tema 4.-Lexislación sobre a protección do patrimonio histórico-artístico.

Tema 5.-Lexislación sobre protección do ambiente.

Tema 6.-Protección atmosférica. Control do ruído. Réxime das actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Tratamento dos residuos sólidos.

Tema 7.-A Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas e o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da dita Lei de 1-12-1989.

Tema 8.-As redes de infraestructuras da cidade. Elementos fundamentais que as integran e principios xerais polos que se rexen. Condicionantes de orde técnica.

Tema 9.-O transporte urbano. Principios polos que se rexe. Transporte público e zonas peonís.

Tema 10.-Os espacios públicos. Redes motorizadas. Aparcamentos. Espacios de recreo e xardíns urbanos. Mobiliario urbano.

Tema 11.-As zonas rústicas. Actividades propias e a sua preservación da urbanización. A industria no campo

Tema 12.-As comunicacións e o medio físico. Zonas de influencia e áreas metropolitanas. Comarcas.

Tema 13.-Acondicionamento do terreo. Sistemas. Escavacións e explanacións. Modo de realizalas. Apertura de pozos e gabias para cimentación. Esteados, apuntalamentos, recheos, terrapléns e noiros.

Tema 14.-Cimentacións superficiais. Zapatas illadas. Zapatas corridas. Placas. Cimentacións profundas e especiais. Pozos indios. Pilotaxes: tipos. Cimentacions especiais

Tema 15.-Muros de contención. Pantallas. Defensa contra a humidade.

Tema 16.-Estructuras de fábrica. Muros de fábrica tradicionais: tipos. Estabilidade. Sinais de ruína.

Tema 17.-Formigón armado. Compoñentes. Manipulación do formigón. Execución e control de calidade. Estructuras reticulares e laminares.

Tema 18.-Aceiro. Tipoloxía de aceiros estructurais. Vigas e soportes. Cimbras. Proteccións.

Tema 19.-Estructuras mixtas. Comportamento dos compoñentes. Vigas e soportes mixtos. Control de calidade.

Tema 20.-Cubertas inclinadas. Criterios de deseño. Materiais de cubrición. Cubertas planas. Transitables e non transitables. Impermeabilización e illamento térmico.

Tema 21.-Cerramentos e carpinterías exteriores. Cerramentos, tipoloxía e características. Revestimentos exteriores. Carpintería: tipoloxía e características.

Tema 22.-Pavimentos. Tipos. Condicións xerais. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 23.-Defensa dos edificios contra os elementos exteriores: auga, neve, vento, frío, calor e ruído. Materiais illantes: tipos. Impermeabilizantes.

Tema 24.-Instalacións de fontanería. Auga fría e quente. Sistemas e criterios de elección. Execución. Conduccións. Instalacións de saneamento: materiais e sistemas. Redes horizontais e verticais.

Tema 25.-Instalacións de calefacción e acondicionamento de aire. Sistemas. Instalacións. Fonte de calor e producción de frío. Conduccións. Instalacións eléctricas. Características fundamentais. Sistemas. Instalacións. Regulamento electrotécnico de baixa tensión.

Tema 26.-Pavimentación en vías urbanas. Pavimentos especiais. Pavimentación en zonas de interese histórico-artístico. Pavimentación de prazas.

Tema 27.-Os elementos singulares no deseño do viario urbano. Axardinamento e mobiliario urbano. Consideracións especiais segundo o tipo de vía. Luz pública de vías urbanas. Criterios de deseño.

Tema 28.-Seguridade e hixiene no traballo. Normativa aplicable. Proxectos de seguridade e hixiene. Prevención de riscos.

Convocatoria específica número 2/1998

(Persoal laboral)

Axudante de biblioteca

É obxecto desta convocatoria a selección dunha praza de axudante de biblioteca de conformidade coas presentes bases específicas (que completan as da convocatoria unitaria):

1. Clasificación: persoal laboral de duración indefinida, a tempo parcial, pertenecente ó cadro de persoal laboral fixo deste concello.

2. Dotación económica: os emolumentos que figuran no orzamento municipal e demais que resulten de aplicación, se é o caso, derivados de acordos adoptados polo Pleno do Concello.

3. Sistema de selección: oposición libre.

4. Titulación exixida: título de diplomado universitario ou equivalente. Para estes efectos, considerarase equivalente a superación de tres cursos completos de licenciatura.

5. Número de prazas que se convocan: unha.

6. Dereito de exame: cinco mil pesetas.

7. Tribunal cualificador: o tribunal cualificador da oposición estará constituído da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Vocais: un representante da Comunidade Autonóma de Galicia, un funcionario ou un experto designado polo alcalde por proposta dos grupos da oposición; un técnico designado polas asociacións profesionais de bibliotecarios; un funcionario de carreira designado pola alcaldía por proposta da mesa negociadora do persoal do concello.

-Secretario: o da corporación ou funcionario administrativo en quen delegue.

8. Exercicios da oposición:

O proceso selectivo constará de catro exercicios, todos eles obrigatorios, e os tres primeiros, ademais, eliminatorios.

Primeiro exercicio: consistirá en desenvolver, por escrito, durante un período máximo de dúas horas, un tema sacado ó chou dentro dos que propoña o tribunal inmediatamente antes de celebrarse o exercicio e relacionado coas materias comprendidas no programa que figura como anexo, aínda que non se ateña a epígrafes concretos del, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á súa forma de exposición se refire.

Neste exercicio valorarase especialmente o nivel de formación xeral, a claridade e a orde de ideas, a facilidade de exposición e a súa capacidade de síntese.

Este exercicio lerase en público por cada aspirante no día e hora que sinale o tribunal.

Segundo exercicio: consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo de catro horas, tres temas, un da parte primeira e dous da parte segunda do programa que figura como anexo, que serán extraídos por sorteo.

Terceiro exercicio: terá carácter práctico e unha duración de dúas horas e media, consistente en catalogar e indexar material de biblioteca segundo as indicacións do tribunal. Os aspirantes poderán utiliza-la lista de encabezamento de material para bibliotecas públicas publicada pola Subdirección Xeral do Libro e Bibliotecas e a CDU.

Cuarto ejercicio: tendente a demostra-lo coñecemento do idioma galego, comprenderá as probas que

o tribunal determine, podendo ser lectura, escritura, traducción directa ou inversa e conversa.

9. Cualificación dos exercicios: tres primeros exercicios, de carácter obrigatorio e eliminatorio, serán cualificados ata un máximo de dez puntos, quedando eliminados os aspirantes que non alcancen un máximo de cinco puntos en cada uno deles.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal, en cada un dos exercicios será de 0 a 10 puntos.

Co fin de evitar grandes diferencias de puntuación entre os diversos membros do tribunal, nas cualificacións outorgadas por cada un deles no poderá existir unha diferencia igual ou superior a catro puntos. Se así ocorrese non serán computables a nota máis alta e a máis baixa, puntuando exclusivamente as outorgadas polo resto dos membros do tribunal.

As cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes a el sendo o cociente a cualificación definitiva.

As cualificacións de cada exercicio faranse públicas o mesmo día, ó final de cada sesión e serán expostas no taboleiro de anuncios do concello.

O cuarto exercicio, obrigatorio e non eliminatorio, será cualificado de cero a cinco puntos por cada membro do tribunal.

A orde de cualificación definitiva virá determinada pola suma das puntuacións obtidas polos catro exercicios da oposición.

ANEXO

Programa

Parte primeira (primeiro exercicio)

Materias comuns

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Características e estructura.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais na Constitución española.

Tema 3.-O Estado, xustificación e fin do Estado. Formas de Estado. Funcións e poderes do Estado. A teoría da división de poderes.

Tema 4.-As formas de goberno.Os partidos políticos. Os grupos de presión. A opinión pública. O sufraxio.

Tema 5.-O Goberno e a Administración pública. A Administración pública na Constitución española. Principios, organización e funcións.

Tema 6.-Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. O sistema de distribución de competencias. O financiamento das comunidades autónomas.

Tema 7.-A Comunidade Autónoma de Galicia: institucións e competencias.

Tema 8.-A Administración local en España: principios constitucionais. As entidades locais.

Tema 9.-O persoal ó servicio das administracións públicas. Principios e normativa básica.

Tema 10.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. Persoal laboral.

Tema 11.-A provincia. Organización e competencias das provincias de réxime común.

Tema 12.-O municipio. Organización e competencias dos municipios de réxime común.

Parte segunda (segundo exercicio)

Tema 1.-Concepto e misión dos servicios bibliotecarios. Clases de bibliotecas.

Tema 2.-A biblioteca pública: concepto e misión. Servicios. Seccións. Biblioteca infantil.

Tema 3.-A biblioteca privada: concepto e misión. Servicios. Seccións. Intercorrelación coa biblioteca pública

Tema 4.-Biblioteca e ensino.

Tema 5.-Bibliotecas nacionais. Concepto e función.

Tema 6.-Bibliotecas públicas. Concepto e función.

Tema 7.-As bibliotecas en Galicia. Situación, lexislación, organismos. Administracións diversas que interveñen no mundo bibliotecario. Situación da profesión.

Tema 8.-As bibliotecas especializadas e os centros de documentación.

Tema 9.-Perfil do profesional bibliotecario: tarefas e funcións. Formación e autoformación.

Tema 10.-Actitudes e aptitudes do bibliotecario: xestión técnica, administrativa e económica. Planificación. Traballo interno nas bibliotecas.

Tema 11.-Atención ó público: información, orientación, animación e formación.

Tema 12.-Servicio a lectores, información bibliográfico, difusión selectiva da información. Información e formación de usuarios.

Tema 13.-Servicio a lectores: acceso a documentos, préstamo, préstamo interbibliotecario e fotodocumentación.

Tema 14.-Instalacións: locais, equipamento, mobiliario. Características. Pautas IFLA. Funcionamento, horarios. Persoal. Seccións. Importancia da sinalización. Usuarios.

Tema 15.-Os documentos e as súas clases.

Tema 16.-Fondos. Selección e adquisición. Conceptos, criterios e métodos. Fontes e instrumentos. Tipos de fondos: monografías, obras de referencia. Publicacións seriadas. Fondos non librarios.

Tema 17.-Proceso técnico dos fondos. Recepción, recoñecemento, ingreso. Rexistro manual e automatizado. Selado, numerado, etiquetado do lombo dos libros. Clasificación e catalogación. Colocación, sinaturas e organización topográfica dos fondos. Bus

ca e recuperación do documento. O catálogo como auxiliar de busca.

Tema 18.-Clasificación. Concepto. Historia. Tipos. A clasificación decimal universal.

Tema 19.-Catalogación. Conceptos. Criterios. Utilidade. Clases de catálogos. Operacións que inclúe a catalogación.

Tema 20.-Definición e obxectivos da bibliografía. Estado actual: o control bibliográfico universal.

Tema 21.-Elaboración de bibliografías de bibliografías. Bibliografías xerais. Bibliografías nacionais e especializadas. Información bibliográfica.

Tema 22.-Documentación: concepto e diferencias entre biblioteconomía, arquivística e documentalismo. Análise documental. Thesauri.

Tema 23.-A extensión cultural: animación e promoción. Mercadotecnia.

Tema 24.-As novas tecnoloxías en biblioteca: automatización.

Tema 25.-Formación dos usuarios. Técnicas, métodos. Atención e axuda.

Tema 26.-O bibliotecario como pedagogo e como animador dentro da biblioteca. Extensión bibliotecaria.

Tema 27.-Cooperación interbibliotecaria: servicios compartidos, coordinación, actividades conxuntas. Intercambio de información. Préstamo interbibliotecario. Redes e sistemas.

Tema 28.-A cadea de creación e producción do libro: escritores, editores, impresores, libreiros, bibliotecarios, lectores. Situación de cada segmento.

Tema 29.-A última cadea do libro: publicación, distribución e difusión. Situación de cada segmento

Tema 30.-O libro e as bibliotecas ata a invención da imprenta.

Tema 31.-O libro e as bibliotecas desde a invención da imprenta ata o século XVIII inclusive.

Tema 32.-O libro e as bibliotecas dos séculos XIX e XX.

Tema 33.-A ilustración e a encadernación do libro: evolución histórica.

Tema 34.-Mantemento, actualización e expurgación dos fondos bibliotecarios. Axentes naturais e biolóxicos.

Tema 35.-Organismos internacionais e nacionais en relación ó libro, a lectura e as bibliotecas. Lexislación nacional e internacional.

Tema 36.-Historia do libro e das bibliotecas. Culturas. Escritura y lectura. Edificios, técnicas, instalacións, soportes, materias escriptorias.

Tema 37.-A industria editorial e o comercio do libro na actualidade.

Tema 38.-Historia das bibliotecas públicas.

Tema 39.-A Consellería de Cultura e Comunicación Social. A súa estructura en relación ó libro, bibliotecas, patrimonio artístico, arquivos e museos.

Tema 40.-O Ministerio de Educación e Cultura e a súa estructura en relación ó libro, bibliotecas, patrimonio artístico, arquivos e museos.

Tema 41.-A organización bibliotecaria en España na actualidade.

Tema 42.-A Lei das bibliotecas de Galicia.

Tema 43.-Lexislación sobre o patrimonio artístico, bibliográfico e documental.

Tema 44.-Organizacións internacionais no campo das bibliotecas.

Tema 45.-As bibliotecas na Administración local española.

Tema 46.-As bibliotecas no municipio de Ortigueira. Recursos. Finalidades.

Tema 47.-A recuperación bibliográfica en liña e CD-ROM: principais bases de datos bibliográficas.

Tema 48.-Informatización da xestión de bibliotecas públicas. Uso do programa informático da Xunta MEIGA 3.

9550