Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público 19/1998, polo procedemento aberto e polo trámite urxente, para a contratación da subministración sucesiva de tubos de extracción neste hospital provincial.

A Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio de 1998), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de subministración sucesiva de tubos de extracción, segundo prego de prescricións técnicas.

Orzamento: 6.667.000 ptas (seis millóns seiscentas sesenta e sete mil pesetas), desagregado en lotes.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, trámite urxente, nº 19/1998.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo I).

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo II).

Fianza provisional: a contía da fianza provisional é de:

Lote 1: 12.600 ptas.

Lote 2: 10.800 ptas.

Lote 3: 28.000 ptas.

Lote 4: 3.600 ptas.

Lote 5: 9.800 ptas.

Lote 6: 12.600 ptas.

Lote 7: 17.280 ptas.

Lote 8: 9.500 ptas.

Lote 9: 3.960 ptas.

Lote 10: 25.200 ptas.

Criterios de adxudicación:

Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1Valoración económicaAta 5 puntos

2CalidadeAta 3 puntos

3Prazo de entregaAta 2 puntos

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Contratación Admva. do Hospital Provincial de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo nº 2, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno: 986 80 70 03 e fax: 986 80 70 51).

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 986 80 70 51 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 6 de outubro de 1998.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Hospital Provincial

de Pontevedra

9546