Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1998 pola que se anuncia concurso aberto para a adquisición de vivendas en fase de proxecto no concello de Cerceda.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a seguinte contratación polo sistema de concurso aberto.

Obxecto: adquisición de 50 vivendas edificadas por terceiros en fase de proxecto no concello de Cerceda.

Orzamento: cincocentos millóns (500.000.000) de pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Garantía provisional: cento noventa e dúas mil cincocentas trinta e sete (192.537) pesetas por vivenda, o que supón o 2% do prezo máximo dunha vivenda de 90 m con garaxe de 25 m e rocho de 6 m.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), desde as nove (9) ás catorce (14) horas, de luns a venres.

Modelo de proposicións: a proposición económica deberá formularse estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse, nos días e horas hábiles, no antedito rexistro no prazo máximo de corenta e cinco (45) días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (981 54 19 02) no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe dos anuncios da licitación será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

9547