Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (67/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada con data do 10 de setembro, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente por instancia de Pedro Iglesias Campo, en representación de Promociones Río Cervés, S.L., o proxecto de urbanización da zona 6 do SU-39 do PXOU de Ourense, coas condicións sinaladas polo servicio eléctrico con data do 15 de xuño de 1998, e logo da constitución de garantía polo importe de vintecinco millóns novecentas noventa e tres mil duascentas oitenta e nove pesetas (25.993.289 ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros se así o crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de setembro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

8687