Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 23 de outubro de 1998 Páx. 11.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUXÍA

ANUNCIO de concurso procedemento aberto.

1. Obxecto do contrato: é obxecto deste contrato a execución das obras de investimento, en aforro enerxético conforme o proxecto técnico ó respecto.

2. Tipo de licitación: 15.940.946 ptas.

3. Financiamento e pagamento: as obras obxecto do contrato, por tratarse de gasto ou investimento plurianual entendido como específica a LRHL, financiaranse con cargo a dúas anualidades, 8.000.000 de ptas. ó orzamento de 1998, con cargo á subvención finalista da Xunta de Galicia e á achega municipal, e 7.940.946 ptas. ó orzamento de 1999 con cargo á subvención da Xunta e á achega municipal.

O pagamento realizarase contra presentación de certificación de obra e factura en cada caso.

4. Garantía provisional: 2% tipo de licitación.

5. Exposición prego: durante os 8 primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio; suspenderase a licitación en caso de impugnación.

6. Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

7. Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio, xunto coa documentación establecida no prego.

8. Apertura de proposicións: ás 13 horas do seguinte día hábil ó do remate do prazo para presentación.

O alcalde

Rubricado

9080