Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 13 do PXOU.

No BOP número 190, do 1-10-1998, insírese anuncio deste concello no que se publica integramente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da unidade de actuación número 13 do PXOU de Pontevedra, sita en Pedra do Lagarto-A Parda, e que foi inicialmente aprobado pola Comisión de Goberno (delegación da Alcaldía do 15-7-1996 na sesión do

pasado vintesete de xullo, por instancia da entidade Marco A04, S.L. e Eugenio Sobral Fernández, en nome e representación de María Cruz Martínez Martínez e os herdeiros de Prudencio Landín Carrasco.

Durante o prazo de vinte días a partir da publicación deste anuncio, exporase ó público o proxecto de estatutos e de bases e o expediente incoado, na Unidade Municipal de Fomento deste concello (rúa Dona Tareixa), para que poida ser examinado por cantas persoas se consideren interesadas ou afectadas.

Nese período poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Pontevedra, 6 de outubro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

9457