Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas nos proxectos de reforma de vías e ampliación de beirarrúas nas rúas Michelena, da Peregrina e Benito Corbal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas nos proxectos de referencia.

b) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 134.161.026 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación empresarial:

Grupo A, subgrupo 1, categoría d. Grupo G, subgrupo 6, categoría d.

6. Garantías:

a) Provisional: 2.683.220 ptas.

b) Definitiva: 5.366.441 ptas.

7. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

11. Criterios de selección:

1) Reducción do prazo de execución: ata 40%.

2) Reducción no prezo: ata 60%.

Pontevedra, 6 de outubro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

9459