Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.425

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a José Luis Legido Soto (praza 57/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a prol de José Luis Legido Soto con documento nacional de identidade número 34.600.995,

e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Luis Legido Soto catedrático de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 28 de setembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

9090