Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.425

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito mercantil, do departamento de Dereito Privado, a Julio Costas Comesaña (praza 122/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da universidade do 19 de decembro de 1997 (BOE do 19 de xaneiro de 1998), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito mercantil, do departamento de Dereito Privado, a prol de Julio Costas Comesaña con documento nacional de identidade número 36.046.647, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Julio Costas Comesaña profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito mercantil, do departamento de Dereito Privado.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 28 de setembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

9092