Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 22 de outubro de 1998 Páx. 11.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998 pola que se convoca un curso sobre licencias e protección da legalidade urbanística no ámbito da Administración local.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 1998, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre licencias e protección da legalidade urbanística para funcionarios da Administración local, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Análise dos aspectos da concesión das licencias urbanísticas e da protección da legalidade urbanística.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal ó servicio das entidades locais, pertencentes ós grupos A/B ou asimilados que desenvolvan as súas tarefas na área do urbanismo.

Terceira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria e cubrila en tódolos epígrafes.

Cando solicite o curso máis dun interesado da mesma corporación, o responsable do persoal poderá especifica-la orde de preferencia. No caso de que non se especifique, a EGAP aplicarálle-los criterios de selección ós que se fai referencia na base sétima.

2. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección será motivo de exclusión automática.

Cuarta.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos.

Quinta.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais, contados a partir da data de publicación da convocatoria.

Sexta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen ningún curso de similares características ó convocado.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto), pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da EGAP.

Sétima.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailo contido do curso anunciado para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A EGAP reserva para si a facultade de anula-lo curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 15 o número mínimo de asistentes.

Oitava.-Desenvolvemento.

1. Duración: 21 horas.

2. Lugar: Santiago de Compostela.

3. Datas: do 23 ó 27 de novembro.

4. Horario: das 16.30 ás 20.30 horas.

5. Prazas: 30.

Novena.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Décima.-Contido.

A disciplina urbanística: concepto. Lexislación estatal e autonómica. Concepto de licencia. Actos suxeitos a licencia. Tipos de licencia. As licencias urbanísticas e outras licencias. Actuacións con licencia en contra do planeamento. Actuacións con licencia ilegal. Medios de protección da disciplina urbanística. A infracción urbanística. Procedemento sancionador. A caducidade dos expedientes. A prescrición das infraccións urbanísticas. As parcelacións urbanísticas. A obriga de conservación. A ruína urbanística.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Adminintración

Pública

9491