Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA de procesos selectivos.

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o día 25 de setembro de 1998, acordou aproba-las convocatorias e bases de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no seu cadro de funcionarios, que a continuación se sinalan, polo procedemento que en cada caso se indica, sendo publicadas as bases xerais e individualizadas no BOP nº 189, do 30 de setembro de 1998. As ditas prazas corresponden ás ofertas de emprego público dos anos 1993, 1995, 1996 e 1998.

Número e características das prazas convocadas.

O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

A) Persoal funcionario:

-Unha praza de técnico de laboratorio, grupo A, por concurso-oposición, quenda libre.

-Unha praza de técnico de medio ambiente, grupo A, quenda libre.

-Dúas prazas de arquiveiros-bibliotecarios, técnicos de conservación de fondos documentais, grupo A, quenda libre.

-Unha praza de arquiveiro-bibliotecario, arquiveiro adxunto, grupo A, quenda de promoción interna.

-Dúas prazas de biólogos, grupo A, quenda libre.

-Unha praza de enxeñeiro técnico agrícola, grupo B, quenda libre.

-Dúas prazas de arquiveiros-bibliotecarios axudantes de biblioteca e arquivo, grupo B, quenda libre.

-Unha praza de arquitecto técnico aparellador, grupo B, quenda libre.

-Unha praza de corrector de probas, grupo C, quenda promoción interna.

-Dúas prazas de técnicos de laboratorio FP-2, rama química, grupo C, quenda libre.

-Unha praza de técnico de laboratorio FP-2, rama sanitaria, grupo C, quenda libre.

-Tres prazas de administrativos de Admón. xeral, grupo C, dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda libre.

-Catro prazas de auxiliares de Admón. xeral, grupo D, tres por quenda libre e unha por quenda de promoción interna.

-Dúas prazas de conductor maquinista, grupo D, quenda libre.

-Dúas prazas de oficial agrícola, grupo D, quenda de promoción interna.

-Dúas prazas de operarios de servicios varios, grupo E, quenda libre.

-Dúas prazas de ordenanza, grupo E, quenda libre.

As solicitudes para tomar parte nas probas de calquera das prazas convocadas deberán presentarse no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O que se fai público para o coñecemento dos interesados.

Pontevedra, 1 de outubro de 1998.

Manuel Abeledo López

Presidente da Deputación Provincial

de Pontevedra

Rogelio Niciez de la Cerra

Secretario xeral da Deputación Provincial de Pontevedra

9406