Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO de licitación.

De conformidade coa resolución desta Alcaldía, con data do 2 deste mes anúnciase o seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela.

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación e asfaltado de camiños veciñais. Redondela, incluídos no PAM 98/99.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 26.291.326 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (negociado de Urbanismo, Vías e Obras).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela C.P. 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención da documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo: 134 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Concello de Redondela.

Domicilio: Alfonso XII, 2.

Localidade e código postal: Redondela C.P. 36800.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela.

d) Data: ó día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo para presentación de ofertas. De presentarse ofertas indirectas, observarase ó establecido na cláusula 14ª do rpego de cláusulas administrativas particulares.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula 11ª do prego.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 5 de outrubro de 1998.

Amado Rincón Virulegio

Alcalde

9079