Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a resolución de imposición de sanción relativa ó expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OR-E-0130/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de proteccción da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OR-E-0130/1998.

Denunciado: Jesús Fernando López Silva.

DNI 34.260.359.

Enderezo: r/ Pena Corneira, número 1-4º Esq. Ourense.

Establecemento: Bar Templo-r/ Viriato,número 5.32005 Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26 e), da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, e o 81.35) do R.X.P.E.P. e A.R. aprobado por R.D. 2816/1982, do 27 de agosto.

Importe da sanción: 10.000 ptas.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2046-0030-24-404000200-4 de Caixa Ourense, sucursal Torre de Ourense, no praco de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita en Avda. Habana, 79-1ª esquerda en Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinaria perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 15 de setembro de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

8880