Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 18 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Masiri número 1, a favor de Mª Estrella Sieira García.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente

e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Masiri nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 125.

Data da concesión: 15-11-1967.

Data do remate da última prórroga: 28-11-2007.

Anterior concesionario: Manuel Sieira Riveiro (33.114.211) e Carmen García Fernández (33.109.422).

Novo titular da concesión e batea: Mª Estrella Sieira García (76.507.320).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 18 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Mª José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

8896